FOTOGRAFÍA A CEGAS
A fotografía é un medio que nos rodea na nosa cotidianeidade, a cámara fotográfica converteuse nun aparello demandado e accesible que nos permite construír imaxes de forma intuitiva polo que non é estraño que unha persoa cega busque achegarse e indague sobre este medio visual.
Ao explicar e mostrar o medio a un cego, é menos sorprendente que queiran facelo, xa que para os cegos o medio non é visual, eles fano a través do tacto, o oído e os procesos cognoscitivos grazas aos que poden comprender e manipular o medio fotográfico, o que fai pensar que non son exclusivos da visión.
EXPOSICIÓN
Os días 7, 8 e 9 de xuño (coincidindo coa celebración nos museos da Rede Museística das 17ª Xornadas DEAC) expoñeranse os traballos resultantes no Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos).
DOCUMENTAL
Coas distintas fases e obradoiros do proxecto eleborará un documental Henrique Lamas.
Fotógrafos:
Iago Eireos, Xosé Reigosa, Germán Limeres e Antonio López Losada.
Tearapeuta: Mercedes Cabada.
Coordinación do proxecto: Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.
A figuración fotográfica e a plasticidade da pintura únense nas obras que Iago Eireos expón na Casa de Galicia en Madrid
Madrid, 9 de maio de 2012.- A obra plástica do artista lucense Iago Eireos móstrase dende hoxe e ata o próximo 1 de xuño na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid na exposición de fotografía/pintura "Umbra Bruna", que reúne pezas nas que a figuración e a narración do medio fotográfico está en comuñón coa plasticidade da pintura, chegando a unha fusión entre o haluro de prata e o pigmento. A imaxe latente xustapoñer se sobre o soporte pictórico, xerando á primeira vista unha abstracción que contén múltiples realidades, a mostra "Umbra Bruna" fai referencia á obra poética de Rosalía de Castro, con ocasión do 175 aniversario do seu nacemento
9 de maio de 2012
QUEN DÁ VOLTA Á TORTILLA
Inauguración da mostra o venres 16 ás 20.00h no Museo Provincial de Lugo.
Os museos da Rede Museística dependente da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foron seleccionados en representación de Galicia para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla.
Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais, unha iniciativa na que participan o Museo de Bellas Artes de Murcia (MuBAM) e o Museo de León.
Neste proxecto, xestionado polo colectivo Medusa Mediación e subvencionado polo Ministerio de Cultura, interveñen como representantes dos respectivos museos Luís Grau (director do Museo de León), Juan Sandoval (director do Museo de Murcia) e Encarna Lago (xerente da Rede Museística de Lugo). Convócaronse obradoiros en Lugo, León e Murcia e organizouse unha exposición itinerante coas creacións dos asistentes e d@s artistas invitad@s.
En representación da Comunidade de Galicia:
PAULA CABALEIRO
NOA PERSÁN
IAGO EIREOS
http://medusamediacion.com/proyectos/quien-da-la-vuelta-a-la-tortilla/
Enfocats al Gòtic 12 Fotògrafs_ 12 Botigues
Inauguració: Dijous 15 de març, a les 19.30 h. Fins el 31 de març.
Descobriu les obres fotogràfiques de 12 artistes, amb un original recorregut per diverses botigues del barri. La visita passa per l’exposició “Tota persona és un artista”, on trobareu unes curioses sèries fotogràfiques preses pels mateixos botiguers dels comerços que participen al circuït.
EN TERRA DE NINGUÉN
Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui
del 24 de Febrero al 28 de Marzo de 2012
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui inaugura a exposición En terra de ninguén. Un proxecto que conta coas obras de cinco artistas reunidos a carón dun mesmo eixo temático: o concepto de fronteira, no senso máis amplo do termo, formulado a través dun cruce de variadas sensibilidades e medios plásticos. Iago Eireos, Marián Fernández, Pilar Gayoso, Uxía Piñeiro e Santi Vega constrúen este curioso itinerario amosando nun caso o recoñecible e, noutro, o aínda por explorar.